Por Unha Imaxe Digna da Nosa Festa e da nosa Cultura

el baileFai uns días, un «blog» afín ao concello, publicaba que unha OBRA presentada ao certame Francisco Asorey non cumpría as normas do mesmo. Dicían que a obra «el Baile» estaba exposta na páxina web do seu autor, Ramón Conde. Este «blog» informaba de que «a infracción da norma era flagrante«, entre outras cousas. Días máis tarde, a obra foi retirada do concurso. Na rede non se producía ningún tipo de manifestación en contra de ninguén, nin contra o certame, nin contra os xuíces do mesmo -que tiñan tempo suficiente para enmendar o erro-. nin pos suposto, contra o «blog» denunciante, que o sacou á luz coa axuda dun participante do certame.

«O SOLPOR EN CAMBADOS» entende que cando se presenta unha obra a un concurso, as normas do mesmo están para acatalas. Todo incumprimento do mesmo suporá unha sanción para o participante e a súa obra, a retirada da mesma.

O punto 2 das bases do concurso do cartel do albariño 20015 di:

«II.- PARTICIPACIÓN

cartelalbaPoderán participar todas as persoas que o desexen cun máximo de dous traballos, sendo condición indispensable que tales obras sexan inéditas»

A definición de inédita é sinxela: «Nunca visto, descoñecido, novo»

O Cartel é, simplemente, unha colaxe. Si fora concurso de colaxe, estaría ben. Pero non o é. Por este motivo creemos que debería anularse o fallo e volver a escoller un gañador de entre os demáis presentados.

Os Trolls da esquerda, non paran de atacar a este Blog e ás persoas que pensan que un traballo de este tipo (guste ou non guste), non debería representar a imaxe de un pobo como Cambados. Un pobo pulcro; entusiasta cas súas festas; pero sobre todo -é como a historia nos mostra-, un pobo non carente de cultura, nin de ARTISTAS.

NON CONViRTAMOS O CARTEL DA 2ª FESTA MAIS ANTIGA DE ESPAÑA (de INTERESE TURISTICO NACIONAL e case INTERNACIONAL), nun basto «CORTA E PEGA» . O noso Viño e o noso Campo NON O MERECEN

Por Solpor


Deja un comentario